GALIPORTUS

Galiportus Ep.16- Erea Castro, o fado transfronteirizo


Listen Later

Hoxe achegámonos ao Miño para falarmos de música. E non de calquera música: referímonos ao fado, aos mandos do espírito nacional luso (en forma de saudade) desde hai moitas décadas. Porén, o tradicional foi evolucionando e converxendo con outros estilos que aceleran os ritmos e sentidos. Disto e de moito máis conversamos con Erea Castro, cantora de Salvaterra con moitos concertos ás súas costas a norte e sur da Raia. Falamos dos seus inicios, dos seus referentes, dos últimos proxectos, das dificultades de tirar para adiante, das colaboracións... e dese momento memorábel no Altice Arena lisboeta en 2020. Unha marabilla de voz descoberta en directo en Moaña neste 2023... e que traspasa os micros! Quen dixo que o fado non podía ser tamén cousa de galeg@s?
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez