GALIPORTUS

Galiportus Ep.17- Especial Natal


Listen Later

Chegou o Nadal. Ou Natal, como sexa que dicides. Este ano, non se dá feito a apuntar no "foco mediático" natalicio. En primeiro lugar, pasamos por Celanova (Ourense-Gz), para conversarmos con Jorge Cardoso e Daniel Gzlez., protagonistas do concurso de iluminación de Nadal da afamada marca de bombóns. Logo de intensas semanas coa vila de Curros empurrando, perdeuse a final... mais o vivido foi inesquecible, cóntannos eles.
Tamén viaxamos até Perlim, o principal parque temático do nadal a sur do Minho (Santa Maria da Feira- Norte Pt) para parolearmos un pouco co presidente da Câmara Municipal, Emídio Sousa. Finalmente, voltamos a Allariz (Ourense-Gz) para entrevistar a Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente. Lonxe de luceríos extremos, el relata como tenta ser o nadal "sustentábel" alaricano, que ambienta a vila enteira con decoración reciclada e grazas á contribución solidaria da veciñanza.
En fin, toda unha chea de opcións, de opinións para estes días tan especiais!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez