No episodio de hoxe toca falar de cinema en galego, da man de Álvaro Gago e María Vázquez. Son eles os principais protagonistas de "Matria", filme que relata o drama social da man de Ramona, interpretada por María. A viguesa de nacemento e "galega" de longo percorrido, tras ben de proxectos (series, curtas, teatro...) e premios, emociónase cando fala do bonito que significou ter participado no proxecto. O impulsor é o seu director, Álvaro, con tamén grande experiencia en curtas e longas (realizou Matria a modo curtametraxe en 2017), e unha pausa na que analiza todo o que quixo reflectir en Matria. Ambos son unha xoia para os nosos ouvidos, repasan o poder das historias "reais" e "realistas", sen "lazos". Ademais, alégranse do momento actual do cinema galego, e mantéñense á expectativa perante as 2 nominacións aos premios Goya deste 2024.
Vaia par de artistas no Galiportus!