Hoxe falamos de nomes de lugares. Galiza e o norte de Portugal conforman un espazo xeográfico moi diverso e cheo de ríos, montes e aldeas, que fai que esteamos ante a rexión europea con maior extensión toponímica. Desde hai máis de 20 anos, e vendo o abandono do rural, comezouse un proxecto do lado galego chamado "Galicia nomeada", co apoio da RAG e da Xunta. Moito esforzo despois, web e App por medio, recuperáronse miles de microtopónimos de centos de parroquias, grazas á colaboración de ducias de persoas. Falamos de todo isto con Vicente Feijóo, coordinador da unidade técnica da toponimia da RAG e pai do proxecto. No estudio alaricano, comentan a iniciativa a nivel local ("A memoria das aldeas") Gusi Domarco (informático, técnico de son e encargado das gravacións en Allariz) e Cristina Outeiriño (responsable da área igualdade do Concello e dinamizadora de asociacións veciñais) Con todo o falado, só queda colaborar! ... via web, app ou en
[email protected]. Tfno: 881 995 322