Neste episodio chamamos a un dos mellores xornalistas galegos das últimas décadas, Xosé Manuel Pereiro. O monfortino, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense en 1975 (xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas ou Lois Pereiro), fundou revistas como "La Naval" e "Bravú", nos 80. Escribiu para o Faro, A Voz e foi correspondente do El País. Fixo Radio (RNE e SER) e TV (redactor de informativos de TVE 20 anos, do 88 ao 2008) Tamén consta como Decano do Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza (2008-2016) Escribiu 5 ensaios e colabora con CTXT ou El Progreso. No entanto, o maior reto de todos foi a creación da revista "Luzes" en 2013, xunto ao afamado e amigo, o escritor Manuel Rivas. Deste proxecto (en modo revista mensual) falamos, que suma grandes sinaturas a podcasts e web completísima e con contidos abertos. Baixo un modelo de subscripción, en galego e en clave galega, consolidouse como un referente de xornalismo diferente, crítico co poder, retranqueiro e moi pensado. "435 gramos de bo xornalismo", afirma Pereiro, co cal botamos minutos de boa charla... tocando os paus máis diversos.