Hoxe temos o gusto de conversar con Jaione Camborda, guionista e directora de cinema vasca, moi de moda e afincada en Galiza hai anos. 2023 foi un grande ano para ela, pois recibiu a Cuncha de Ouro ao mellor filme dentro do afamado festival donostiarra. Isto débese á produción de "O Corno", longametraxe que conta a dura vida de Maria, mariscadora nos anos 70 na Illa de Arousa. Logo dun inesperado suceso, ten que fuxir seguindo as rotas de contrabando que unían o sur galego e o norte portugués. Moita emoción, espectacular fotografía e fantástica actuación de Janet Novás, nominada aos Goya como mellor actriz. En definitiva, cinema de moito valor, íntegramente en galego-portugués, realzado grazas a uns escenarios e uns ritmos únicos, cuns primeiros minutos de aguantar a respiración.