GALIPORTUS

Galiportus Ep.35- Premios Aritmar, unindo música e poesía GZ-PT


Listen Later

Hoxe falamos duns premios que cada ano van a máis. Trátase de "Aritmar", iniciativa xurdida da EOI de Santiago e popularizada grazas a outras colaboracións de altura. Falamos co director da EOI de Compostela, e impulsor do certame, Gonzalo Costenla Bergueiro, para comprobarmos de primeira man como estes premios buscan revalorizar o espazo musical e poético luso-galaico. Si, cada ano, durante o mes de marzo, expóñense as 10 mellores cancións do lado galego e do lado luso, máis tamén os mellores poemas do ano anteiror. No 2023, Fillas de Cassandra, Arancha Nogueira, Mª Isabel Fidalgo ou a Associação Zeca Afonso (premio especial á embaixada da amizade galaico-lusófona) foron as gañadoras. E tamén Retimbrar, como mellor música portuguesa; temos a sorte de falar coa súa vocalista e compositora desde O Porto, Sara Yasmine. Feito o programa, e desfrutado do tema a modo peche dunha das candidatas deste ano ("Morena"-De Ninghures), só queda votar, desexarlle sorte a tod@s e esperar os resultados ... e a gala de Compostela a realizar no vindeiro outono. Bravo!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez