GALIPORTUS

Galiportus Ep.36- O portugués nas escolas galegas


Listen Later

Hoxe falamos de ensino e falamos de lingua. Logo de varias convocatorias nas que a lingua portuguesa aparecía como ofertada nas oposicións galegas de secundaria, neste 2024 volveu desaparecer. Con até 75 centros de ensino medio ofertando portugués como "2ª lingua estranxeira" , conversamos nos estudios da radio con dúas persoas con ben experiencia na materia: Olga Piñón (profesora de galego e portugués) e Fernando Castro (director recén xubilado e tamén profesor no seu día de portugués) Ambos repasan aqueles anos nos que "voluntariamente" ofrecían portugués no seu IES de Bande (case na raia), moitos anos antes de que a Lei Valentin Paz Andrade propuxera o achegamento e aproveitamento da lusofonía como motor de futuro. As preguntas continúan aí: como é a acollida dos alumnos, familias e profesorado? É posible normalizar o galego mediante o portugués? Sendo a mesma lingua, non deberían estar nas horas (ampliadas) de galego? Estas e moitas outras cuestións... co peche proposto por Olga: Ana Moura e o seu "Día de Folga", música utilizada nas súas aulas. Un luxo de xente!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez