Hoxe conmemoramos o 8-M falando dos retos e as necesidades ás que se enfronta a nosa sociedade, en clave feminista. Nun momento de incertezas e de involución de certos dereitos das mulleres que se crían consolidados, a celebración deste ano foi mesmo un tanto descafeinada por divisións internas e agresividade externa, allea ao movemento, sobre todo da parte política máis reaccionaria. Analizamos todo con Pilar Estévez, presidenta da Plataforma Feminista Galega. Do lado portugués finalmente non conseguimos falar con ninguén da Marcha Mundial das Mulheres nin coas compañeiras da Plataforma Portuguesa para os Direitos das Mulheres, mais recomendamos vivamente que sigades a súa acción. Acabamos con Adriana Nolesco e a súa música: "pra todas as mulheres". Para todas vós vai este programa!