Hoxe corremos pola lingua. Desde Vigo aténdenos ao teléfono Anxo Terán, presidente da Asociación "Correlingua". Este ano cúmprense 24 anos de existencia desta festeira iniciativa, que busca celebrar co público escolar, animar a rapaces e rapazas de colexios e institutos de toda Galiza a xuntarse, falar, cantar e correr polo idioma. Como nos conta Anxo, durante o mes de maio, en 11 localidades galegas, case 20 mil rapaces van participar nun evento que este ano trae a mensaxe da inmediatez e da necesidade: "dende aquí até acolá, Galego xa!". O obxectivo é sensibilizar a sociedade a través da xente moza do significado da lingua... e as actividades? pois unha chea delas: "regueifando, desata a lingua, crealingua, cantalingua..."
Acabamos cunha mostra das músicas vencedoras do ano pasado, e co tema da Mekanika Roller Band: "Maruxaina". Todo unha festa!