Neste capítulo voltamos ao mundo do cinema para falarmos de +Cuñados, o novo filme da produtora coruñesa Portocabo, da man do director Luis Avilés. Logo do éxito da primeira parte de 2021, a secuela é outra aventura dos cuñados (X. A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez...), comezando por unha secuencia na Ponte Internacional de Tui. Moito humor e moita ourensania (viño do Ribeiro, licor café, polbo e Entroido...), e de todo iso e máis falamos co propio X. A. Touriñán (filólogo... e ás veces actor, humorista, presentador de TV, moi recoñecido na Galiza e non só) e tamén con Ivo Bastos, actor que nos atende desde o Porto (e que está encantado coa acollida que tivo na Galiza) Cos dous falamos de humor, de audiovisual, de proxectos, de lingua ou de fronteira. Un filme no que falares á galega e à portuguesa combínanse con naturalidade e non precisan de subtítulos...
Bo cóctel para botar unha escoita, non?