GALIPORTUS

Galiportus Ep.53- A alta velocidade no tren Porto-Vigo... para cando?


Listen Later

Hoxe falamos da grande aposta vertebradora da Eurorrexión a nivel de infraestruturas: a conexión de alta velocidade ferroviaria entre Porto e Vigo. E facémolo coa xente do Eixo Atlántico, o ente que asocia máis de 40 cidades a norte e sul do Minho. Xoán Vázquez Mao, secretario xeral, e Luís Nobre, presidente (desde o 1 de febreiro) e rexedor de Viana do Castelo, responden ás nosas dúbidas: cal é o momento actual do proxecto? Para cando será unha realidade? A prioridade continuará a ser esta conexión atlántica, fronte ás presións que buscan priorizar o Madrid-Lisboa? Para analizarmos todos os prismas, rebuscamos nos xornais, para ver o estado da cuestión nos últimos meses. A pregunta que fica no ar, ao final, é: cando poderemos confiar nun transporte público sobre vias, eficiente e rápido, que non nos faga ver aínda o Minho como esa fronteira que non se pode atravesar se non é co teu coche? A música de despedida, como non, un clásico de Andrés Dobarro: O tren... Viaxeiros a bordo!!! Pipiiiii!!!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez