GALIPORTUS

Galiportus Ep.54- Especial Letras Galegas: Xurxo Souto e o método Luisa Villalta


Listen Later

As Letras Galegas deste ano (17-Maio) representan a homenaxe á cultura, a lingua e a literatura galegas (e en parte, tamén portuguesas, como nos comentan algúns...) Este ano tocoulle a Luisa Villalta, escritora, filóloga, profesora e até violinsta coruñesa. O seu legado analizámolo co grande e polifacético artista Xurxo Souto, que nos insiste na importancia de vincularmos música e poesía como elementos indisociábeis, e que trataron históricamente de "apartárnolos", sinala o acordeonista, actor, locutor, e activista incansable da causa galega. Un programa delicioso e tan creativo como "o momento da nosa música". Grande a ecuación, entre Villalta e Souto, coas obras sempre vixentes e celebradas da primeira ("O outro lado da música, a poesía" ou "ruído") e o recente libro do segundo, "Somos un pobo de artistas, o método Luísa Villalta" (Xerais) Será que si? Orquestra Bravú Xangai, co seu Grelocúmbia, para acabar danzando e mesturando letras e música. Sempre xuntas! Viva!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez