GALIPORTUS

Galiportus Ep.56- Rally de Portugal, "o melhor do mundo" (e cheo de galegos)


Listen Later

Hoxe falamos de motor, xa tocaba. Paixón incríbel a norte e sul do Minho, a maior cita de todas é o Rally de Portugal, celebrado tradicionalmente no norte, cada mes de maio (con algún período onde se levou para o Algarve) Até medio millón de persoas se xuntan na superespecial de Fafe, no que é un exemplo da importancia do evento, anotado en vermello para milleiros de portugueses... e de galegos, que están na casa. Visítanos Miguel Fernández Mosquera, ourensán afeccionado a este mundo desde hai ben anos, habitual participante nas carreiras de clásicos e grande coñecedor do Mundial de Rallies (xa visitou Montecarlo, Catalunya, Finlandia... e case 20 veces Portugal) Con el falamos do significado desta "loucura", como se vive, que supón e como foi a sua evolución nas case 60 edicións que se leva celebrando. Ao telefono tamén nos atende Maria Pérez, integrante da escudería Chrono Gallaecia, para conversarmos un pouco sobre o papel destes clubes, a seguridade e as diferentes disciplinas existentes, fora dos grandes focos do mundial. Para acabar, comentamos con Miguel moitas anecdotas máis... e descubrimos libros espectaculares sobre os rallies. E marchamos cunha música destas que chega ao peito para os máis románticos dos coches! "Carro preto", de Jorge Ferreira. Aceleramos a fondo?
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez