Hoxe viaxamos até Liboa para falarmos con Tereixa Constenla, estradense (PO-GZ) que vive en Lisboa desde a Pandemia e que traballa como correspondente para o xornal "El País". Ela vén de publicar o magnífico libro "Abril é un país" (Kalandraka), no que, mediante pequenos relatos persoais no antes, no despois e no, sobre todo, o durante da Revolução dos Cravos (o 25 de Abril), analiza pormenorizadamente todos os eventos que rodearon uns momentos que mudaron Portugal para sempre. Episodios que ensalzan a figura do sarxento Salgueiro Maia, a de Otelo Saraiva ou a de Melo Antunes, mais tamén a daquel cabo insubmiso que se negou a disparar ou a daquel locutor de radio censurada que pon en marcha o plan. Pequenos momentos cruciais, detalles que moitos non sabían ou nos que non se reflexionara suficiente, e que decidiron os acontecementos. Presos liberados, brindes e manifestacións, mais tamén mortos esquecidos, ditadores conmocionados ou anos de menos "trascendencia". Unha delicia de conversa, na que tentamos desgranar o 25-abril, como nunca antes. A perspectiva galega, nun dos grandes momentos da historia dos veciños. O peche, obra do Zeca, como non: "Os Vampiros" (1983)
E agora, que temos liberdade... que imos facer con ela?