GALIPORTUS

Galiportus Ep.60- Especial eleccións europeas


Listen Later

E tocou pasar polas urnas... de novo. Desta vez, eleccións europeas, onde 400 millóns de habitantes do vello continente estabamos chamados o dia 8 de xuño a decidir o noso futuro político.
Os resultados deron un avance tremendo da ultradereita en países como Francia, onde foi primeira forza por moita diferenza, Austria, Alemaña ou Italia. No parlamento europeo imos ver moita fragmentación, unha esquerda en retroceso e os democristiáns con opcións de pactar con conservadores e populistas.
Analizamos a clave galega e estatal con Manuel Martinez, historiador e politólogo ribadaviense. Do lado portugués, falamos co Rui Pereira, investigador, pedagogo, antigo xornalista (Espresso) e doutor e profesor de ciencias da comunicación da Lusófona do Porto. Escoitalos é unha marabilla!... e ambos coinciden en que veñen tempos "convulsos", onde Europa vai ter que (re)pensarse ou... morrer como proxecto de unión transnacional?
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez