Hoxe por fin conseguimos falar coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Política, políglota, xurista e avogada de Cuntis (Po-Gz), viguesa de adopción e militante nos dereitos humanos e nas causas xustas, xa coñeceu o Consello de Europa alá polos anos 90, como bolseira. Tras anos de traballo como asistenta de Camilo Nogueira, pasou varias veces polo Europarlamento, mais nunca conseguira un escano "propio" como agora en 2024. Con ela falamos de como entender todo o que sucede na UE e nos afecta no noso día a día (ollo: o 85% do lexislado en Bruxelas condiciona a nosa realidade máis próxima, a pesar do que tradicionalmente se pensa): A pesca, o agro, a cuestión de Altri ou a liberalización da AP9, mais tamén os eólicos, a TVG, a importancia da Eurorrexión, as alianzas estratéxicas á galega ... e baixo o momento actual de dereitización extrema. Non podemos deixar de tocar o tema do galego/portugués para unha política que convive coas linguas todos os días. Isto e moito máis durante máis dunha hora de conversa que presta! Non vola perdades!!