GALIPORTUS

GLP- O MARCO III- La lhéngua mirandesa: arde a biblioteca, salvemos os libros (parte I:pasado, presente e futuro)


Listen Later

Hoxe vamos a Miranda de'l Douro, no nordeste portugués. Terra de pauliteiros, posta mirandesa e fronteira natural no rio máis vinícola, o seu maior atractivo é a sua fala. Si, la Lhéngua Mirandesa resiste ainda cuns 4500 falantes... e baixando. A Lei 7/99 de 1999 da República Portuguesa recoñece esta variante de astur-leonés como patrimonio propio do país, e recoñece tamén os dereitos lingüísticos da comunidade mirandesa. 25 anos despois, "pouco se ten feito", e hai moito que loitar por que non desapareza ... en 2040. Así o prognostica o noso primeiro convidado, o escritor, profesor e especialista en linguas minoritarias, Quique Costas. Con el sinalamos todo o que (non) se fixo e todo o que se pode aínda facer, e repasamos a sua visita á Assembleia da República para falar deste tema. Por último, tamén conversamos con Suzana Ruano, neofalante mirandesa, traballadora da ALCM (Associaçon de Lhengua i Cultura Mirandesa) e curiosa activa, como ela se define. E non para de rexistrar horas de gravacións coas xentes que aínda falan ese mirandés xenuíno... Biba!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez