Formada por músicos xa rodados e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos 90 -a música da súa infancia-, Exeria nace pouco despois da pandemia que obrigou a deter calquera iniciativa musical.
As raíces son importantes para calquera proxecto. Neste sentido, a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o cauce polo que discorre o seu discurso estilístico.
Estes son os lugares en que a banda estará ao vivo proximamente:
22 ABRIL CERVECERIA MIGUEL CANIDO
14 MAIO JAMARTE PONTECALDELAS
1 XULLO CHIRINGUITO PATAPALO ILLA AROUSA