Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.... more
FAQs about Gurrucho de Vozcast:How many episodes does Gurrucho de Vozcast have?The podcast currently has 73 episodes available.
May 01, 2018Gurrucho Indiana Jones Aventura. Podcast en galegoFalamos da creación de Lucas e Spielberg, Indiana Jones, tanto das súas catro (si, catro) películas coma das fontes das que beben e dos traballo posteriores que poidesen ter inspirado. Tamén inventamos un tráiler dunha suposta serie ambientada en Galicia e protagonizada pola aventureira Barbanza Anllóns....more2h 5minPlay
April 03, 2018Gurrucho Superlópez Superheroes. Podcast en galegoDesta vez falamos do superheroe Superlópez, un clásico da banda deseñada española, dende unha pequena biografía de Jan, o seu creador, até comentar algunha das súas aventuras. Tamén indagamos no mundo dos superheroes, esas figuras tan americanas, nas súas raíces e na proliferación actual. Rematamos co tráiler dun suposto superheroe galego, Cormomán....more2h 10minPlay
March 04, 2018Gurrucho Homero Mitoloxía. Podcast en galegoSe o de decembro publicámolo en xaneiro e o de xaneiro en febreiro, este gurrucho de febreiro non podía ser menos e subímolo en marzo. Inflación temporal. Desta vez falamos de mitoloxía grega coa axuda do pesado erudito Fin, que nos ilustrará en col de Homero e a súa obra, outros mitos da Hélade e tamén algúns de Galicia e o mundo....more2h 17minPlay
February 03, 2018Gurrucho P.K.Dick Ficción científica. Podcast en galegoFalamos do escritor de novela e relato estadounidense Phillip K. Dick, da súa vida e obra, e tamén das obras que inspirou, inda que fose de xeito moi miúdo. Tamén nos atrevemos, ousados que somos, a definir a ficción científica e rastrexar as súas orixes....more1h 60minPlay
January 02, 2018Gurrucho A Guerra das Galaxias. Podcast en galegoNo derradeiro podcast do 2017 e primeiro do 2018, falamos dunha das iconas da cultura popular, a saga de "A Guerra das Galaxias" ou como din agora, "Star Wars". A creación de George Lucas que trascendeu ao propio autor e se converteu nunha obra universal, patrimonio dos fans e os non tan fans. Tamén repasamos as súas influenzas e o posible legado desta magna obra....more2h 20minPlay
November 20, 2017Gurrucho Leone Spaghetti Western. Podcast en galegoPara celebrarmos o noso aniversario escollemos falar do primeiro tema que tratamos no gurrucho, cando aínda eramos "chupito". Un podcast inédito que algún día, se hai demanda, subiremos. Desta vez falamos do director italiano Sergio Leone e do Spaghetti Western como xéneroe facémolo por primeira vez en dúas quendas que unimos neste podcast....more2h 40minPlay
November 13, 2017Anuncio Triloxía DolarPreme este enlace para oirnos en directo o luns 13 de Novembro de 2017!! https://www.youtube.com/watch?v=1lnJIXY044oSegunda parte do podcast que adicamos á Triloxía do Dólar de Sergio Leone, co motivo do noso primeiro aniversario nas redes podcasteiras....more3minPlay
September 30, 2017Gurrucho The Wire Series. Podcast en galegoFalamos sobre a gran serie da HBO "The Wire", dos seus autores, actores, tempadas e teorías varias. E SEN SPOILERS. Non deixamos de lado tampouco o polémico tema da súa dobraxe ó castelán feita en Galicia. Tamén abordamos un chisco o mundo das series, tan de moda nos nosos días....more2h 1minPlay
September 12, 2017Monogurrucho Xogos de Mesa. Podcast en galegoNeste episodio contamos con Marc, presidente da asociación de xogos de mesa "Tempus Ludit" de Cangas do Morrazo. Con el falaremos un chisco dos primeiros xogos da historia, así coma os da nosa infancia aló polos anos set... oitenta. Finalmente, o celme do programa serán os xogos de mesa actuais, unha industria que está en época de bonanza, ou iso semella....more1h 10minPlay
August 27, 2017Gurrucho Monty Python Humor Absurdo. Podcast en galegoNeste programa falamos do mítico grupo humorísico británico Monty Python, dos seus inicios, o seu programa "Monty Python's Flying Circus", e das súas películas. Máis adiante falamos das súas posibles inspiracións no mundo do humor absurdo, asi como das orixes da comedia (un chisquiño so). Por último comentamos posibles debedoras máis actuais, e buscamos trazas de humor absurdo en Galicia....more1h 57minPlay
FAQs about Gurrucho de Vozcast:How many episodes does Gurrucho de Vozcast have?The podcast currently has 73 episodes available.