Neste gurrucho falamos do manga, e sobre todo do anime "Ghost in the Shell", de Masamune Shirow e Mamoru Oshii respectivamente, co gallo da recente estrea en cinemas da película homónima protagonizada pola actriz Sacrlett Johansson, á que lle facemos menos caso. Á película, claro...
Tamén tocamos un chisco o subxénero denominado cyberpunk, as súas orixes e a súa evolución polos vieiros da cultura do entretemento.