Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.... more
FAQs about Gurrucho de Vozcast:How many episodes does Gurrucho de Vozcast have?The podcast currently has 74 episodes available.
August 24, 2026Gurrucho Amadeus e Biopics. Podcast en galegoFalamos dos biopics, ese xénero que semella estar destinado a que actores e actrices se luzan e saian nomeados para premios como os Golden Globe ou os Oscar. Centrámonos na película Amadeus de Milos Forman e a partir do seu análise, seguimos con outros biopics que pensamos merece a pena reseñar. Por último falamos de biopics en Galicia, os que hai e os que podería haber....more2h 10minPlay
March 31, 2026Gurrucho ZAZ e Parodia. Podcast en galegoNeste programa falamos dos tres amigos que revolucionaron a comedia nos anos 80, os chamados ZAZ, os irmáns Zucker e Jim Abrahams. As súas películas foron un sopro de aire fresco para a comedia con ese ton de parodia e a repetición case sen respiro de gags de todo tipo. Tamén falaremos da parodia, que é, e que obras usaron este motor creativo ao longo da historia....more2h 10minPlay
September 30, 2025Gurrucho Schwarzenegger e Acción. Podcast en galegoFalamos do xénero de acción, ese xénero tan cinematográfico, e dun dos seus máximos expoñentes e impulsores, o actor/culturista/político austriaco/estadounidense Arnold Aloise Schwarzenegger. Adentrámonos aquí na súa obra máis cinética (unha forma de dicir que falamos das poucas pelis das que non o fixemos xa noutros podcast)...more2h 8minPlay
August 26, 2025Gurrucho 2001 Unha Odisea no Espazo e a IA. Podcast en galegoNeste episodio falamos un chisco de Kubrik, da súa vida e obra, antes de mergullarnos no seu filme máis importante para moitos, 2001 unha odisea no espazo. Tamén falamos das intelixencias artificiais, como se abordaron en distintas ficcións, cando xorden, e cara onde nos pode levar este novo uso da tecnoloxía...more2h 5minPlay
December 31, 2024Gurrucho Shyamalan e Thriller. Podcast en galegoFalamos do xénero de suspense ou thriller, as súas orixes e a súa sublimación por parte do gran Alfred Hitchcock. Despois comentamos a filmografia do controvertido director M. Night Shyamalan, as súas luces e sombras, para rematar opinando sobre os imprescindibles do xénero como Seven ou O silencio dos años....more2h 30minPlay
April 01, 2024Gurrucho Oscars e Premios. Podcast en galegoFalamos dos premios máis importantes do cinema mundial, os glamourosos Oscars da Academia de Hollywood. Repasamos a súa historia e os seus momentos máis importantes. Tamén falamos doutros premios e de por que ou para que existen estes certames, se son xustos ou non, e no caso de non selos de como poderían mellorar....more2h 28minPlay
December 31, 2023Gurrucho Robin Hood e Medievo. Podcast en galegoFalamos dun dos personaxes máis míticos do folclore anglosaxón, o arqueiro e ladrón Robin Hood, que roubaba a ricos para repartir entre pobres. Afondamos na cantidade de versións de ficción que se fixeron sobre el, nas súas orixes e no seu mito do ladrón ético. Por último tamén falamos doutros heroes da ficción ambientada no medievo e dunha posible serie galega sobre o tema....more2h 12minPlay
November 30, 2023Gurrucho Maus e nazis. Podcast en galegoFalamos da banda deseñada de Art Spiegelman, Maus, o único cómic que acadou o prestixioso premio Pulitzer. A obra aborda o tema da ocupación nazi de Polonia e a vida dos habitantes do gueto xudeu de Varsovia e posterior encerro en Auswitch a través dos ollos do pai do autor, sobrevivinte do Holocausto....more2h 21minPlay
August 31, 2023Gurrucho Cidadán Kane e Poder. Podcast en galegoFalamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder....more2h 20minPlay
June 24, 2023Gurrucho XL Mostra de Teatro de Cangas. Podcast en galegoFacemos un repaso pola nosa experiencia como traballadores todoterreo da Mostra de Teatro de Cangas agora que fai corenta anos. Tamén contamos con Casilda García, unha das persoas que botou a andar este proxecto e que nos conta como foi a experiencia de levalo adiante.A música neste podcast foi utilizada en diversas obras de teatro nas que traballamos....more2h 4minPlay
FAQs about Gurrucho de Vozcast:How many episodes does Gurrucho de Vozcast have?The podcast currently has 74 episodes available.