Neste programa falamos dos tres amigos que revolucionaron a comedia nos anos 80, os chamados ZAZ, os irmáns Zucker e Jim Abrahams. As súas películas foron un sopro de aire fresco para a comedia con ese ton de parodia e a repetición case sen respiro de gags de todo tipo.
Tamén falaremos da parodia, que é, e que obras usaron este motor creativo ao longo da historia.