A deseñadora da editorial Galaxia explica como se crea a cuberta e contracuberta dos libros. Dende hai 15 anos é a autora das imaxes que representan as historias que publica a firma galega. Ademáis coordina a mostra "Un país ilustrado" que reúne as mellores portadas dos 75 anos de historia de Galaxia e que se pode visitar no museo Marco de Vigo ata o 17 de maio.