50 graos é unha temperatura límite para o corpo. Non para Sonia Oubiña Arias, Paula Poy García e Ana María Díaz Pereira. Son bombeiras forestais na base helitransportada de Queimadelos, en Mondariz. O centro conta con trinta efectivos de extinción, elas son as únicas mulleres xunto cunha emisorista. O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta conta con 164 bombeiras forestais, un 12,2 % do persoal. Levan 18 anos na extinción por terra e aire, desafiando a orografía, as altas temperaturas, o risco de queimaduras e a deshidratación.