GALIPORTUS

IKFEM, o festival sonoro Tui-Valença- Galiportus (Actualidade) T2 X 39


Listen Later

Hoxe no GLP falamos dun evento puramente transfronteirizo que se celebra entre as dúas beiras do Minho, na Eurocidade Tui-Valença. Trátase do IKFEM, ou International Keyboard Festival & Masterclass, e que entre o 16 e o 20 de xullo, achega actuacións (a dúos moitas delas) da talla de Antonio Orozco & Rita Rocha, James Rhodes, Perico Sambeat & Orquestra Jazz de Matosinhos, Milhanas & Fillas de Cassandra. Un evento que xa vai pola súa 13ª edición e que acolle tamén un certame sobre "Novos Talentos e Ondas Sonoras" e que, en definitiva, quere encher Tui e Valença de sonoridade onde o piano é o instrumento estrela. Falamos de todo coa súa directora e organizadora, a pianista internacional, xestora cultural e profesora, Andrea González. Desde O Porto tamén nos atende Pedro Guedes, o director artístico da Orquestra Jazz de Matosinhos, que vai actuar no IFKEM. Acabamos cun tema de Milhanas, "Mundo". Boa!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez