O programa 216 do COMO QUE NON?! despide a Miriam Rodríguez tralo seu paso polo programa como convidada non se antes deixar unha petición moi especial para J. Pablo Sangiao que hoxe vai analizar a serie OS NOVOS na súa sección de O Criticador. Dani Lorenzo convértese no mellor imitador de animais internacionais do universo no seu Mundo Paquitof. Alejandro Martínez "Pini" continua desenvolvendo Efemárides Aleatorias un programa máis. Falaremos en directo con Fran Rodríguez que volve marchar ao sul de España e conectaremos por teléfono con Pepe Capelán. Acompañaranos Carla Mañas como ven sendo habitual e a música en directo do programa volve poñela La Banda del Cuarto que estrean o seu tema "Cenizas". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.