En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade informativa deste luns, 13 de xuño. Entrevistamos ao alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre os proxectos de rehabilitación do Teatro Principal, e do edificio da rúa Camilo José Cela, presentados ao programa PIREP, tamén damos conta da restauración do Lavadoiro do Souto, da inscrición aberta na Aula Mentor, xunto a outras novas do día.