Hoxe volveu a estar, ao igual que a pasada semana, o posto informativo sobre a compostaxe no mercado semanal.
Falamos alí mesmo, na súa carpa no mercado, coa mestra composteira do Concello de Tui, Sara Luque, e co mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal. Explicaban o traballo informativo que están levando a cabo no mercado.