Do 1 ao 7 de agosto celebrarase a décimo quinta edición do Festival Música no Claustro.
Hai uns días a organización do festival daba a coñecer unha das actividades a celebrar. Será un foro profesional no que música e artesanía van da man. Baixo o título de #Resonancias e coa colaboracion da Fundación Artesanía de Galicia, reunirá a destacados obradoiros artesáns galegos. A inscrición debe realizarse a través do formulario dispoñible na web da Fundación Pública Artesanía de Galicia.