Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Posto informativo de compostaxe no mercado dos xoves - 27 de maio
    Hoxe volveu a estar, ao igual que a pasada semana, o posto informativo sobre a compostaxe no mercado semanal.
    Falamos alí mesmo, na súa carpa no mercado, coa mestra composteira do Concello de Tui, Sara Luque, e co mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal. Explicaban o traballo informativo que están levando a cabo no mercado.
    3 min
  • Noticias 13.30 h – Xoves, 27 de maio de 2021
    Toda a actualidade informativa deste xoves, 27 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos da situación epidemiolóxica, do pleno ordinario que celebra hoxe ás 20h a corporación municipal de Tui e escoitamos as palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, en resposta a concentración cidadá convocada esta tarde ás 19h, en protesta polo proxecto do aparcamento na traseira da Área Panorámica.
    31 min
  • Noticias 13.30 h – Mércores, 26 de maio de 2021
    Toda a actualidade informativa deste mércores, 26 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos da situación epidemiolóxica e escoitamos en directo a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Anunciou a ampliación de asitentes nas reunións de non convivintes e hostalería a 6 persoas no interior e a 10 no exterior. Amplíase tamén os aforos, entre outros, no comercio e nas actividades culturais do 50% ao 75%.
    29 min
  • Noticias 13.30 h - Martes, 25 de maio de 2021
    Toda a actualidade informativa deste martes, 25 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos da situación epidemiolóxica, do pleno ordinario que celebra este xoves a corporación municipal de Tui ou do comezo das obras de construción do acceso ao parque empresarial de Areas dende a A55 e a VAC Tui-A Guarda.
    26 min
  • Noticias 13.30 h - Venres, 21 de maio de 2021
    A actualidade deste venres, 21 de maio de 2021, en Noticias 13.30 h. Falamos un día máis da situación epidemiolóxica, FITUR, da graduación de bacharelato do IES San Paio e da Final Four desta fin de semana na que o Balonmán Tui xógase o ascenso a Primeira autonómica.
    30 min
  • Ent. Salvador García, pte. Asociación Afectados - 3º aniversario da explosión
    Este domingo é 23 de maio. Cumprense 3 anos da explosión no barrio da Torre en Paramos.
    Neste terceiro aniversario a Asociación de Afectados convoca un acto este domingo ás 16 h no que dará lectura a un manifesto e exporá a situación actual dos veciños,. Farán tamén a entrega floral e un minuto de silencio, polos veciños falecidos na catástrofe. Falamos deste terceiro aniversario con Salvador García, presidente da Asociación de Afectados.
    4 min
  • Posto informativo de compostaxe no mercado dos xoves
    Onte estivo no mercado dos xoves de Tui un posto informativo sobre a compostaxe. Durante toda a mañá a mestra composteria do Concello de Tui, Sara Luque, e o mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal, informaban a veciñanza sobre o Plan Municipal de Compostaxe e os novos centros de compostaxe comunitaria que estarán proximamente operativos a carón da praza de Abastos e na avenida da Concordia.
    Amáis entregaban folletos informativos sobre a compostaxe individual e explicaban cómo se pode solicitar un composteiro. Obsequiaban tamén aos visitantes con bolsiñas de tea reutilizables e incluso regalaban outra bolsa con compost.
    3 min
  • A Final Four de ascenso a 1ª Autonómica de Balonmán masculino xógase na fin de semana en Tui
    Tui vivirá unha festa do balonmán esta fin de semana ao acoller a Final Four de ascenso a 1ª Autonómica de Balonmán masculino. O novo pavillón de deportes acollerá os partidos con todas as medidas de seguridade e reserva de entrada en www.cluber.es. O Club Balonmán Tui será o anfitrión e buscará o ascenso tras unha temporada difícil debido á pandemia. Hoxe presentouse a competición.
    6 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…