Nas próximas semanas os tres xulgados de Tui estarán unificados nunha soa sede, nun edificio funcional e moderno, que hoxe foi inaugurado. Tras un investimento de 3 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia o edificio xudicial de Tui contará cunha superficie útil de 1.500 m2.
O presidente da Xunta, xunto ao alcalde de Tui, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e decana dos Xulgados de Tui, foron hoxe os encargados de descubrir a placa na fachada do edificio.