O informe do arquitecto da catástrofe de Paramos sinala que o Concello si pode acometer o desentullo da zona cero de Paramos por vía de emerxencia tendo en conta o "grave perigo inminente". Apunta amais a demolición de tres segundas plantas, e reconstrución de muros que dan ao viario público para acomter tamén por esta vía. Así o apuntou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, quen avanzou que levará ao pleno ordinario deste mes catro puntos sobre o desentullo.