Hoxe remata o prazo voluntario para que a empresa Pirotecnia La Gallega desaloxe as súas instalacións en Baldráns, en cumprimento da senteza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. De non executarse ese desaloxo hoxe terá que ser o Concello quen o leve a cabo de forma subsidiaria.
O Concello en nota de prensa lamenta a falta de colaboración da Subdelegación do Goberno para levar a cabo este desaloxo. Explicábao en Noticias13.30h o alcalde, Carlos Vázquez Padín.