Álterum Cor e Germán Díaz e Benxamín Otero abren o XIII Música no Claustro con concerto mañá sábado e o domingo ás 21.30h no claustro da Catedral. O festival ofrece percorridos nocturnos, ambigú nos xardíns de palacio... Estaba previsto tamén un diálogo inaugural entre Samuel Diz, director do festival, e María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura que tivo que ser suspendido por problemas de saúde desta última. Nesta reportaxe de Ana Otero coñecemos a programación da fin de semana.