O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, non presentará unha moción de confianza tal e coma lle instaron o pasado venres en pleno os grupos da oposición logo de non aprobarse os orzamentos para 2018. O rexedor apela á oposición a que clarifique a súa postura sobre a posible presentación ou non dunha moción de censura.
Dende a oposición, o voceiro do grupo socialista Enrique Cabaleiro, explicaba que mañá remata o prazo que lle deron ao alcalde para presentar unha moción de confianza, e posiblemente a próxima semana solicitarán un pleno extraordinario.