Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Martes, 29 de abril de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui volve á normalidade tras o gran apagón de onte recuperando o subministro eléctrico ás 4.30 h
    - Foi suspendida a procesión de San Telmo, a verbena e a tirada de fogos ao decretarse o nivel 2 de emerxencia
    - O alcalde, Enrique Cabaleiro agradeceu o comportamento da poboación e o labor dos corpos de seguridade e de emerxencias
    - Situación desigual na comarca con problemas de cobertura móbil nalgúns puntos e falta de subministro en Viladesuso en Oia.
    - Esta tarde retómase a actividade deportiva federada
    30 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Situación tras apagón
    Normalidade no funcionamento dos servizos municipais tras o apagón rexistrado no día de onte. Esta mañá volveron funcionar os grupos de presión para o abastecemento de agua de Caldelas, Guillarei, Rebordáns e Ribadelouro. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen daba conta da situación vivida no día grande das Festas de San Telmo, onde tivo que ser suspendida a procesión, a verbena e a tirada de fogos, si se realizou a ofrenda a San Telmo.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 25 de abril de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui prepárase para vivir a fin de semana grande das festas de San Telmo
    - O grupo de teatro San Fins de Rebordáns pecha a XV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal
    - Tui vivirá esta fin de semana unha nova edición da Concentración Cabalar de San Telmo
    - Falece un home ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Caldelas
    - Gran acollida á peregrinación polo Camiño Portugués da Costa desde Caminha a Santiago de Compostela
    - Citas destacadas no deporte
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 24 de abril de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - G Face estará hoxe en concerto no Espazo Feiral dentro das festas de San Telmo
    - O Espazo da rúa Camilo José Cela acolle o segundo concerto do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música
    - O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estrea esta noite “Arraiadas” no Teatro Municipal
    - Nova concentración ás portas do IES San Paio reclamando ascensor e o terceiro conserxe
    - O IV Encontro de Viños da Raia consolídase como un evento sostible e transfronteirizo ao abeiro de Galicia Suroeste
    30 min
  • Ent. Ángez Sánchez, codirector de Play Doc
    Ángel Sanchez, codirector de Play Doc, presentou hoxe as películas galegas que estarán en competición no festival.
    Avanzou amais a proxección de curtas de Bernardino de Lamas nunha sesión acompañada musicalmente polo Conservatorio e a Escola de Música de Tui.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 23 de abril de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui rexistra un boom turístico na Semana Santa
    - Teatro, canto coral e música hoxe nas festas de San Telmo
    - Play Doc da a coñecer os doce filmes galegos que competirán no festival
    - Esta semana comezan tres novos cursos na Aula da UNED de Tui
    - Mañá celébrase un Escape Room no Espazo Xove de Tui
    - ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 22 de abril de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Canto coral, danza e teatro hoxe nas festas de San Telmo en Tui
    - Continúa a festa do Meixón en sete establecementos tudenses
    - A Concentración Cabalar de San Telmo celebrarase este ano tres días e incorpora novidosas actividades
    - Hoxe ás 23 h remata o prazo de inscrición na Carrera Popular de San Telmo
    - O tudense Edu Sousa é un dos xogadores do Pontevedra CF, que vén de ascender a Primeira Federación
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 21 de abril de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Miles de persoas disfrutaron da primeira fin de semana das festas de San Telmo con música, gastronomía e a entrega dos premios Cidade de Tui
    - Tui contará con 260.558 € para as obras do Paseo Corredoira e Augusto González Besada do plan do Plan +Provincia 2025
    - Play Doc anuncia as películas da Competición Oficial
    - Mañá martes ás 23 h remata a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo
    - ...
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…