No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca. O Entroido previsto para este domingo en Couso e Santa Cristina de Vea queda suspendido, mentres que esta tarde o Museo do Moble e da Madeira acolle a homenaxe ao Padre Xiao.
O Concello asegura que remitiron os vertidos incontrolados no Matadoiro e lembra que as sancións poden chegar aos 6.000 euros.
No ámbito político, o PSOE critica a falta de contrato do SAF e da recollida do lixo, e o BNG responsabiliza a Gonzalo Louzao do conflito laboral en GESECO.
O alcalde continúa percorrendo o rural para cuantificar os danos do temporal.
Ademais, “360 Curvas” chega aos Minicines Central para recuperar a memoria das mobilizacións da Fonsagrada dos anos 90, e lembramos que mañá se celebra a 39ª Festa das Mulleres.
Na comarca, o Concello de Cuntis recoñece a traxectoria de Casa Chedas, un local histórico desde os anos 50, e Boqueixón investirá máis de 400.000 euros na mellora do saneamento en oito núcleos rurais.
En deportes, avanzamos a previa da fin de semana e destacamos que Eva Gil será a única representante estradense no Campionato de Galicia absoluto en pista cuberta, que se disputa en Ourense.