🎙️ INFORMATIVO RADIO ESTRADA — VENRES
A actualidade da xornada chega marcada pola cultura, a solidariedade e a intensa axenda social da comarca.
A agrupación estradense Tequexetéldere representará a Galicia na 55ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, o maior festival celta do mundo, levando o noso folclore a Francia con 46 compoñentes.
Presentouse tamén a Cea Baile solidaria a favor da Asociación Española Contra o Cancro, que se celebrará o 21 de marzo, nun acto no que o alcalde Gonzalo Louzao destacou a importancia deste evento para o concello.
As obras na Praza de Galicia obrigarán a cambiar o lado de estacionamento nas rúas San Paio e Pérez Viondi, mentres que o PSOE da Estrada denuncia o deterioro das pistas municipais e reclama unha actuación urxente.
Na axenda cultural, hoxe comeza a xira de despedida de Os Seráns de Vilancosta no Teatro Principal. Arnois celebra o Entroido este sábado, preséntase o concerto especial do 28 de febreiro no Teatro Principal, e esta fin de semana chega a mostra inmersiva Harry’s Magic Experience á Fundación de Exposicións e Congresos.
En comarcas, Cuntis manterá o concerto previsto para este sábado en formato gratuíto tras a baixa da cantante, e prepárase para a XXVII Festa do Lacón con Grelos. Jorge Cubela intégrase no comité de supervisión da reconstrución do CEIP de Tenorio.
En deportes, previa da fin de semana con Rafa Vázquez, novidades da escudería estradense e participación de cinco atletas sub18 nun control oficial en Expourense.
Toda a información, ao detalle, neste novo informativo de Radio Estrada.