Actualidade Mediodía

Informativos Radio Estrada


Listen Later

A Estrada inicia hoxe o cambio de sinalización nas rúas San Paio e Pérez Viondi, no treito comprendido entre a Avenida Benito Vigo e a Praza de Galicia, para facer efectivo o cambio de lado de estacionamento desde xa.
Ademais, o Concello retoma o reparto das tarxetas para abrir os colectores marróns e prevé instalar ata 60 contedores orgánicos no casco urbano segundo a demanda veciñal.
No apartado patrimonial, anuncíase a restauración do acueduto histórico de Leira, cun investimento de máis de 8.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental. Tamén comezaron as obras no Campo de Fútbol Manuel Regueiro, con nova grada, renovación do peche perimetral e melloras nos vestiarios.
Hoxe coñeceremos ademais o nome da Muller Traballadora Estradense deste ano. O Concello adquiriu a estatua do pescador de salmón de Manuel Lago, que pasa a ser de titularidade municipal, e lembramos que as unidades móbiles de doazón de sangue estarán na Estrada os días 26, 27 e 28 de febreiro.
En clave política, o BNG responsabiliza a Rueda e a Louzao do estado da PO-214, mentres que no eido educativo o IES Losada Diéguez competirá nas Spain Skills 2026 con Anxo Silva Romero, ouro en Ebanistería nas Galicia Skills.
A cultura tamén protagoniza a xornada coa presentación este xoves, ás 20:00 horas na Casa das Letras, de “Defuntos e santos inocentes”, de Fernando Cabeza Quiles, unha obra con 63 relatos moi vencellados á Estrada.
Falaremos tamén de “Salvia Rural”, o novo programa municipal para maiores de 65 anos, e dunha noticia que nos chega dende Cuba: Adriano Calvo renova como presidente da Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada, entidade con 111 anos de historia e 220 socios.
En comarcas, un home foi atopado falecido nunha zona de monte en Saiar, en Caldas de Reis, e un traballador de ABCR Labs resultou ferido grave tras a explosión dun depósito en Forcarei.
En deportes, o pavillón Coto Ferreiro acolleu as xornadas Multideporte con escolares da Estrada, Cuntis e Moraña, e Adrián Picallo logrou o bronce no Campionato de España de Dúatlon de Media Distancia en Huesca, no grupo de 30 a 34 anos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Actualidade MediodíaBy RadioEstrada