Actualidade Mediodía

Informativos Radio Estrada


Listen Later

Repasamos a actualidade deste mércores con novas de servizo público, sociedade e infraestruturas.
Unha persoa resultou ferida nun accidente na vía local entre Mesego e o casco urbano de Cuntis e foi trasladada polo 061. Na Estrada, as irmás Ana, Marga e Pilar Porto Carballo, do Restaurante e Hostal La Bombilla, reciben o Premio á Labor das Mulleres 2026, mentres o TSXG ratifica a absolución dun home acusado de agresión sexual ao considerar que o testemuño carece de verosimilitude.
Tamén falamos do parcheo da travesía da N-640, das axudas Leader para o rural e do avance das obras no campo Manuel Regueiro, que contará cunha nova bancada para 350 persoas antes do verán. Ademais, Emerxencias da Estrada participa en SICUR en Madrid e a vila prepara novas citas culturais e sociais como “Mulleres na memoria de Avelina Valladares”.
No ámbito económico e social, ACOE lanza a campaña do Día do Pai, ábrese o prazo da musicoterapia xerontolóxica e continúa a programación formativa co programa universitario para maiores da USC. O Centro Xuvenil A Estación fai balance dun 2025 de forte actividade e impacto na mocidade.
Lembramos tamén a campaña de doazón de sangue do 26 ao 28 de febreiro, con especial chamamento aos grupos A- e 0-.
🔎 En comarcas, Silleda impulsa investimentos en viarios e Campo Lameiro alerta de vendas agresivas a domicilio, mentres a Deputación anuncia melloras na EP-6503.
🏃‍♂️ Nos deportes, cinco atletas sub18 competirán no Galego en pista cuberta e Caldas de Reis presenta o Campionato de España de Trail Running 2026.
👉 Toda a actualidade local e comarcal, con contexto e servizo público, xa dispoñible en Radio Estrada.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Actualidade MediodíaBy RadioEstrada