Silleda espertou hoxe cunha gran noticia: a súa Administración de Loterías Nº1 validou un boleto premiado con 2.017.318,30 euros no sorteo da Loterías y Apuestas del Estado. Falamos co seu xerente, Gustavo Pousa, que nos conta como recibiron a nova e como se vive esta mañá de ilusión na vila.
Ademais, repasamos a actualidade da xornada: continúan as tarefas de busca do home desaparecido en Pontevea; A Estrada substitúe un tramo de fibrocemento na rúa Cerdedo; preséntase a Festa do Maior e o programa +Benestar; o Entroido retoma datas na Estrada e en Vea; e coñecemos máis detalles do Grand Prix do San Paio e das homenaxes a mulleres destacadas da comarca.
En comarcas, falamos do Campionato de España de Trail Running en Caldas, da visita de inspectores franceses ao CPI Domingo Fontán de Portas, da cesión de parcelas en Teo para vivenda pública, do campionato de kárate en Valga e do Entroido de Cuntis.
Peche deportivo coa previa do fútbol e fútbol sala, a VIII Gala do CD Estradense, a participación dos xuvenís do Atletismo Estradense no Campionato Galego sub18 e a homenaxe a Mariluz Barreira “Malusa”.