Actualidade Mediodía

Informativos Radio Estrada


Listen Later

A actualidade deste venres chega marcada por sancións e proxectos municipais. O Concello terá que asumir as multas derivadas de varios vertidos realizados por particulares, ao tempo que avanza nas actuacións previstas na Praza da Igrexa, incluíndo a súa remodelación e a restauración da Escultura da Virxe da Inmaculada. Tamén se producirán cambios na ubicación de contedores para mellorar a recollida do lixo e reforzar a seguridade viaria.
Achegarémonos ademais ao proxecto de ampliación do parque infantil de Figueroa, e pecharemos cun plan para esta fin de semana: a Praza de Galicia volverá ser o punto de encontro para seguir en directo a final do Mundial, nun ambiente festivo e participativo.
En comarcas
A Garda Civil identificou dous veciños de Silleda por crear e difundir imaxes sexuais falsas mediante intelixencia artificial, nun caso que xa está en mans da autoridade xudicial. En Rois, foi localizado o presunto autor dun incendio e tres conatos, mentres que o BNG denuncia atrasos na parcelaria do Val de Camba e alerta das consecuencias que, aseguran, está a sufrir a veciñanza de Rodeiro. Ademais, Silleda promove os Castros de Toiriz como un dos mellores lugares para seguir o eclipse total de Sol do vindeiro 12 de agosto.
En deportes
O Tenis Recreo Cultural xa coñece as datas dos Campionatos de España por equipos absolutos, e mañá preséntase a 30ª edición da Subida á Estrada, que se disputará os días 1 e 2 de agosto.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Actualidade MediodíaBy RadioEstrada