Neste episodio do COMO QUE NON?! Miriam Rodríguez recunca para participar no Concurso CQN e vai formar parte de La Banda del Cuarto xunto a J. Pablo Sangiao, David Sangiao e Chucho González que poñen a música en directo do programa interpretando unha versión do " A mil kilómetros de ti". Carla Mañas volve coa súa sección Carla Calzeta onde vai propoñernos un test para ver cal dos Jonas Brothers somos os membros do equipo. Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez" Pini", Pepe Capelán que segue a buscar a entrada do estudio e Dani Lorenzo que vai aportar os seus coñecementos ao programa. Todo isto dirixido por Carlos Tresandí.