
Sign up to save your podcasts
Or


Alba Forno, é a primeira muller candidata á alcaldía de Lalín e, desta volta, ademáis a única muller que encabeza algunha das catro listas. 4 anos de experiencia como concelleira e máis de medio mandato exercendo unha especie de co-portavocía municipal dos socialistas... danlle experiencia e reforzaron un papel de Secretaria Xeral co que asume agora liderar a lista do seu partido nas municipais.
O actual equipo de goberno do PP xestionou un investimento de 84,4 millóns de euros, un 46% máis que no cuadrienio o cuadripartito... así o indicou Xosé Crespo na entrevista para a canle de podcast LALIN E ARREDORES (en Spotify) do portal lalin.net. Para Crespo, un dos maiores méritos foi normalizar as relacións coas outras administracións (Xunta, Deputación e Estado). En materia medioambiental, anunciou a implantación dunha “améndoa central”, que vai configurarse con vías semipeonís de plataforma única, con preferencia peonil; a creación de un alxibe para recuperar augas subterráneas limpas para evitar consumos de agua da traída... unha traída que será reforzada coa captación do Deza por ser a auga mellor da comarca, ainda que perxudique algo a unha especie como o mexillón de río. Negou que as perdas das canalizaciones sexan do 30% do caudal e apuntou que se están reducindo con novas canalizacións. En materia de residuos comprometeu potenciar non só a compostaxe caseira, senón tamén comunitaria en pequeños núcleos urbanos; e no centro implantar o 5º contenedor (orgánico), buscando un xestor axeitado da fracción FORSU.Xustifica a petición de respaldo electoral, para a súa candidatura, en que a alternativa é un "galimatías" no que hasta se levan mal e adican o tempo a repartir a tarta.Xosé Crespo Iglesias (1959), en 1987 foi elixido concelleiro do Partido Popular na lista encabezada por Xosé Cuíña, a quen sucedeu como alcalde de Lalín o 3 de febreiro de 1990. Alcalde de Lalín de 1990 a 2015 e dende 2019. Senador de 2015 a 2019. É o candidato do PPdeG á alcaldía de Lalín.
LALIN E ARREDORES é un podcast que comeza a súa actividade en período electoral, e por iso faino con entrevistas aos diferentes candidatos á alcaldía de Lalín que aceptaron a nosa invitación.
"O BNG de Lalín concorre ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio cun potente equipo de mulleres e homes, encabezados polo candidato á Alcaldía, Paco Vilariño, que comparten un proxecto de Lalín ilusionante de cara aos vindeiros catro anos. Coma veciños e veciñas de Lalín, todos sabemos que o noso concello entrou en barrena nos último mandato do PP. Día sí e día tamén a veciñanza ten que padecer un goberno do PP irresponsable, incompetente e os delirios dun alcalde que ten convertido este mandato municipal nun xogo do monopoli onde os cartos dos lalinenses van a mans cheas para mercar propiedades privadas de amigos do PP, sin que o goberno local teña proxecto algún de vila". Paco Vilariño, candidato do BNG
Rafael Cuiña, 51 anos, casado e ten dous fillos. Galeguista e empresario, preside o grupo Aurela, un dos máis grandes da comarca do Deza, que dá traballo a máis de 400 persoas. Alcalde de Lalín, entre os anos 2015 e 2019, etapa da que salienta logros como o saneamento das arcas municipais e a eliminación da débeda que deixou o PP; a consecución dos fondos DUSI, cos que se empezou a deseñar o Lalín do futuro; o impulso e as melloras no rural; o incremento das axudas sociais... ou o éxito na loita que permitiu salvar as Fragas de Catasós. Fillo de Xosé Cuiña... e candidato de CxL á alcaldía de Lalín.
From the publisher's feed