Libros para as medras

Libros para as medras

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Libros para as medras episodes

  • Un variado
    Hoxe toca un variado. Como un menú degustación, para facer boca. Un comic: Bestiario das alturas de Inacio e Iván Suárez, O álbum ilustrado Patas arriba de Anna Derenne e a casa de xogos e xoguetes en galego Brazolinda que nos presenta materiais para aprender xogando.
    6 min
  • Elas
    Xulio Gutiérrez é licenciado en Bioloxía pola USC e profesor do Ciencias toda a vida. Sempre vencellado a renovación pedagóxica e ao medio ambiente: é membro da Sociedade Galega de Educación Ambiental, Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) e Nova Escola Galega. Autor de máis dunha vintena de libros sobre natureza como a colección de “Animais Extraordinarios” (para rapazada a partir de 8 anos) con títulos como Bocas, Ocultos, Nacer, Constructores, Viaxeiros, ou “Crías de animais” con títulos centrados en cada continente: Asia, África, América, Europa e Terras polares.
    6 min
  • A cornecha e o Xibardo
    A cornecha e o Xibardo. Unha tradución que é recreación, unha verdadeira versión
    propia que toma as referencias do país.
    O seu título A Cornecha e a Xibardo, non vos deixedes engañar, o xibardo é un tipo de balea. Un álbum ilustrado de Julia Donaldson e Axel Scheffler. A tradución é de Sandra Sánchez Ogando e Laura Sáez. As tradutoras son tan importantes que tamén dedican o libro e, sabedes a quen? Pois a Xohana Torres. Aparecen tamén as persoas que fan a revisión e corrección ligüística así como quen asesora sobre a terminoloxía de bechos mariños. Moita xente detrás, como vedes. Moito traballo para acadar unha obra de tanto interese publicada pola editorial patasdepeixe.
    6 min
  • Unha de poesía
    Poesía xuvenil, nin máis nin menos! Non hai demasiada pero algo imos atopando Neste caso ímonos referir a un autor: Fran Alonso e os libros que leva publicado para estas idades. O primeiro foi Cidades (un poemario infantil pero que se aproximaba á adolescencia, porque para a nostalxia das cidades e a súa lembranza hai que ter unha idade), despois conseguiu marabillarnos cunha antoloxía poética para mocidade que pensa que non lle vai gustar a poesía e que atopa versos desenfadados, rebeldes, íntimos ou impactantes que mesmo poden ser a letra dunha canción, apintada nun muro, o berro dun concertó ou unha mensaxe; desde Rosalía ás poetas máis novas. Si, non esquezo o nome «Poetízate». Logo viría Street poems centrado no mundo dos graffiti, mesturando as fotos de arte urbana dialogando con poemas como disparos que poden ser cuspidos nos muros e rapeados con pintura nas paredes. Pero hoxe tamén queremos falar de Véndoche un poema relacionando poesía e publicidade.
    6 min
  • Soños dunha sombra
    Soño dunha sombra é a última proposta de Xosé Cobas. Está publicado por Kalandraka en forma de álbum ilustrado e preséntase estes días en Compostela. Trátase dun libro silencioso, un libro sen palabras, deses que pode ler calquera, sexa cal sexa o idioma que fale, calquera sexa a idade que teña... Porque o que lemos son as imaxes que van construíndo o relato que cada unha de nós pasamos a palabras na nosa mente ou ao contalo en vos alta.
    Diso saben moito nos campos de refuxiados, especialmente en Lampedusa. O IBBY creou unha biblioteca de libros silentes para que a rapazada que chegaba puidese ler cada un no seu idioma, tamén poderían escoitar ás persoas mediadoras léndolle noutro, pero sempre terían acceso a través do propio.
    O primeiro libro mudo que coñecín foi Zoom de Istvan Banyai publicado por Fondo de Cultura Económica. Tratábase dunha viaxe visual que seguía o zoom dunha cámara dende o punto máis próximo: a cresta dun galo ata un punto no universo. A cámara vaise afastando, mostrando planos que se amplían dende o de detalle ata o panorámico. As imaxes fannos pensar no necesaria que é a observación e a mirada dende diferentes puntos de vista para non perder a realidade.
    6 min
  • Os libros das Letras Galegas 2026
    O libros das Letras do 2026. Próximo o 17 de maio, toca falar deses libros que se
    elaboran presentando a escritora á que se dedican as Letras deste ano. Como sempre,
    aparecen estas obras ao lado das asinadas pola autora. Son os materiais cos que se vai
    traballar nos centros de ensino, os libros que se agasallan ás criaturas e mocidade para
    que se aproximen a Begoña Caamaño, especialmente nesta ocasión na que os seu libros
    (Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle) son novelas escritas para público
    adulto. Con ela chegan os ventos do feminismo que serviron a esa literatura que
    actualiza e reconstrúe os personaxes femininos da Odisea e a materia de Bretaña
    dándolles un papel protagonista e activo, pero tamén o xornalismo veraz afastado das
    fake news e a loita polos dereitos sociais e de identidade, a lealdade coas causas xustas.
    Benvida a mirada cara a un mundo mellor!

    https://delibroseoutros.blogspot.com/2026/05/un-novo-libro-sobre-begona-caamano.html https://delibroseoutros.blogspot.com/2026/05/letras-galegas-2026-un-novo-libro.html
    7 min
  • O peculiar
    O Peculiar de Érica Esmorís está ilustrado por Dani Padrón e publicado por Cuarto de
    inverno. De onde lle vén o título? Pois do nome dun bar que rexenta a familia de
    Comba, unha nena que observa todo o que a rodea cunha mirada moi especial e nolo vai
    contando. Sigamos preguntándonos: por que lle puxeron ese nome ao bar? Para sabelo
    terás que ler esta noveliña destinada a rapazada a partir de dez anos que non che vai
    defraudar.
    5 min
  • Unha historia de amor como outra calquera
    Unha historia de amor como outra calquera. A súa autora: Rosa Aneiros. Unha novela que conseguiu o premio Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña na modalidade xuvenil no ano 2024, e aparece publicada na colección Costa Oeste de Galaxia. Rosa Aneiros é xornalista, traballa no Consello da Cultura Galega e conta cunha obra que percorre a literatura para adultos, infantil e xuvenil. Sempre coa marca de calidade e respecto polo lectorado sexa cal sexa a súa idade.
    6 min
  • Un par de álbums para crianzas
    Un par de álbums de animais para crianzas: O primeiro deles é Ganapán e Garabato de Chus Álvarez, ilustrado por El primo Ramón. Que é El primo Ramón? Din que é unha criatura bicéfala formada por Borja López Cotelo e María Olmo Béjar, dous arquitectos da Coruña. Ganapán e Garabato está publicado por Pepa a Loba editora, na colección Calidoscopio, destinada a criaturas dende 0 a 3...6 ou a idade que se queira, porque os acompañarémolos na lectura. Unha editora que está a nacer e faino con bo pé.
    6 min

About Libros para as medras

From the publisher's feed

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.