GALIPORTUS

Lume, a nova co-produción galaico portuguesa- Galiportus (Actualidade)- T2 X 38


Listen Later

Hoxe toca abordarmos un novo proxecto, nesta época dourada do audiovisual galaico-portugués. Falamos de "Lume", unha serie de 6 episodios rodada en numerosos lugares da xeografía galega e portuguesa, e inspirada nun drama persoal da xornalista Lucía (Cristina Castaño, Gz) e nas (non)respostas que se encontra na "Seara", esa aldea raiana que ben pode estar no imaxinario de calquera, e na cal se está a desenvolver un tremendo incendio ... que arrastra á protagonista ao seu pasado máis tráxico. Na vila deberá tratar cos receos e desconfianzas das xentes; e aí xurde tamén a figura de Júlio, o GNR (Albano Jerónimo, Pt) Falamos da produción, da trama, da lingua común e de moitas cuestións máis que rodean ao audiovisual a norte e sur do Minho co Alberto Dominguez e Sérgio Baptista, das partes da produción; e coa Irene Pin e a Sara Rodi, guionistas. Unha conversa espectacular plenamente galaico-portuguesa, igualmente ao 50% ... e un resultado moi aceptabel, dispoñibel xa na RTP, AGalega e HBO Max. Viva! A música do fin do programa, a da serie, das "Tanxus": Arica.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez