Mañá mércores San Bartolomé celebra a súa tradicional feira cabalar. Unha feira que en palabras dun dos seus organizadores, Marcos González, é unha das maiores de toda Galicia e a que máis cabalos de montura suma. Esta edición contará como novidade cunha zona onde os cabalos se poden exhibir e unha zona segura onde os asistentes poden contemplar todo sen correr ningún risco segundo explicaba González.