O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, cóntanos o tratado na xuntanza que mantiveron os pósitos do Cantábrico para poñer sobre a mesa os probelas da pesca artesanal. Para facer balance do bono-peixe falamos coa Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e coa propietaria dunha peixería de Lugo, Isabel Peña. Conversamos sobre os accidentes no mar con Fran Pena, coordinador do sector marítimo de CCOO de Galicia. Con Alberto Ordóñez coñecemos a historia da conserveira máis antiga de España, Palacio de Oriente. Xavier García deixa a un lado desta volta os peixes para centrar a súa atención nos pescadores; concretamente na etnia Bajau de Malaisia e Indonesia, uns homes cunhas facultades inigualables para o mergullo en apnea.