Todos os podcast | Mar de ardora

Mar de ardora 27-10-2025


Listen Later

O descenso da produtividade das rías galegas alarma á xente do mar. Entrevistamos á directora de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Ángeles Vázquez, para que nos conte como aborda a administración este problema. Nas illas británicas quéixanse da proliferación do polbo nas súas augas. Ángel González, científico do Instituto de Investigacións Mariñas, explícanos as razóns de que haxa variacións profundas na poboación desta especie. Susana Ares fálanos dos cursos para inspectores de pesca que desenvolve a FAO en Vigo. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez ilústranos sobre o funcionamento do "rol dixital". O director en Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Nicolás Lorenzo, cóntanos como se combate no Miño a praga da alga Egeria Densa. Miguel Rodríguez, secretario xeral da Asociación Galega de Pesca Submariña, introdúcenos nesta práctica deportiva.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | Mar de ardoraBy AGalegaAudio